Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19359

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017 pola que se convoca un curso básico de auxiliares de policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2017 no plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor de data 15 de febreiro de 2017, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso básico de auxiliares de policía local, conforme ás seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: básico de auxiliares de policía local.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 35.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Dotar aos auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.

Contido:

– Intervención policial.

– Tráfico e seguridade viaria.

– Policía administrativa.

– Primeiros auxilios.

– Aplicacións policiais básicas do Dereito penal e procesual-penal.

– Relacións co cidadán.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal seleccionado e proposto polos concellos, que puidera prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2 do citado decreto, non terán a obrigación de facer o curso, as persoas que o superaran nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2013.

Prazas ofertadas:

Sen límite.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo para a inscrición e presentación de solicitudes de participación comenzará ao día seguinte da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 22 de maio de 2017.

Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito asinado polo/la alcalde/esa á Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, (fax 886 20 61 22), no que figure a lista de persoas seleccionadas segundo o artigo 47 do Decreto 243/2008, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 24 de maio de 2017 a Academia Galega de Seguridade publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación recibidas que cumprisen os requisitos anteriores.

4. Desenvolvemento da actividade.

Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 9.45 horas do día 29 de maio de 2017.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario lectivo: do 29 de maio ao 1 de xuño, de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas, e o 2 de xuño, de 9.00 a 14.00 horas.

Datas: do 29 de maio ao 2 de xuño de 2017.

Certificado de superación do curso:

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nesta, e superen as probas que se determinen de ser o caso.

5. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de abril de 2017

Luís Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública