Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de fin de procedemento por desistencia da subvención do programa de Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta 2015-2020.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 30 de marzo de 2017

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de fin de procedemento por desistencia.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

32-BONAL-0008/2016

Manuel Pires Rodríguez

…812R

32-BONAL-0017/2016

Iordana Matei

...769R