Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte técnico especializado de equipamento TIC en postos de traballo de centros periféricos da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes (expediente 2017/PA/0033) (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0033.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de soporte especializado do posto de traballo dixital (incluíndo ordenadores persoais, impresoras e demais medios TIC do posto de traballo) en centros periféricos da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes.

b) División por lotes e número: si, 4.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data estimada de inicio do servizo para cada lote. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

• Lote 1: periférico norte: data estimada de inicio dos servizos: 15 de outubro de 2017.

• Lote 2: periférico sur: data estimada de inicio dos servizos: 15 de outubro de 2017.

• Lote 3: rede de arquivos, bibliotecas e museos: data estimada de inicio dos servizos: 1 de decembro de 2017.

• Lote 4: rede de centros de benestar: data estimada de inicio dos servizos: 21 de xuño de 2017.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 3.001.440,00 € (sen IVE), dividido segundo os lotes:

• Lote 1: 990.480,00 €.

• Lote 2: 990.480,00 €.

• Lote 3: 510.240,00 €.

• Lote 4: 510.240,00 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.000.480,00 €, máis 210.100,80 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.210.580,80 €, que se distribúe nos seguintes conceptos e anualidades segundo os lotes:

• Lote 1 periférico norte: 330.160,00 € máis IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €, repartido nas seguintes anualidades:

2017: 35.057,31 € máis IVE (7.362,04 €) = 42.419,35 €.

2018: 165.080,00 € máis IVE (34.666,80 €) = 199.746,80 €.

2019: 130.022,69 € máis IVE (27.304,76 €) = 157.327,45 €.

• Lote 2 periférico sur: 330.160,00 € máis IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €, repartido nas seguintes anualidades:

2017: 35.057,31 € máis IVE (7.362,04 €) = 42.419,35 €.

2018: 165.080,00 € máis IVE (34.666,80 €) = 199.746,80 €.

2019: 130.022,69 € máis IVE (27.304,76 €) = 157.327,45 €.

• Lote 3 rede de arquivos, bibliotecas e museos: 170.080,00 € máis IVE (35.716,80 €) = 205.796,80 €, repartido nas seguintes anualidades:

2017: 8.976,44 € máis IVE (1.885,05 €) = 10.861,49 €.

2018: 85.040,00 € máis IVE (17.858,40 €) = 102.898,40 €.

2019: 76.063,56 € máis IVE (15.973,35 €) = 92.036,91 €.

• Lote 4 rede de centros de benestar: 170.080,00 € máis IVE (35.716,80 €) = 205.796,80 €, repartido nas seguintes anualidades:

2017: 44.882,22 € máis IVE (9.425,27 €) = 54.307,49 €.

2018: 85.040,00 € máis IVE (17.858,40 €) = 102.898,40 €.

2019: 40.157,78 € máis IVE (8.433,13 €) = 48.590,91 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=146536.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: ver a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5.6.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 24.4.2017.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia