Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte e mantemento do sistema de información do ámbito das políticas activas de emprego e de relacións laborais na plataforma SXPA e Wand@ (expediente 2017/PA/0026).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0026.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo soporte e mantemento dos sistemas de información que xestionan as políticas activas de emprego na plataforma SXPA e dos sistemas de relacións laborais de apertura de centros de traballo e eleccións sindicais despregadas en Wand@.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses a contar a partir do 1 de decembro de 2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 1.041.322,32 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 347.107,44 €, máis 72.892,56 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 420.000,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 28.925,62 € + IVE (6.074,38 € ) = 35.000,00 €.

2018: 173.553,72 € + IVE (36.446,28 € ) = 210.000,00 €.

2019: 144.628,10 € + IVE (30.371,90 € ) = 175.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=155594

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5 de xuño de 2017, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Amtega.

Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 24.4.2017.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia