Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Xister, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Xister, S. Coop. Galega, pola modificación do seu enderezo (r/ Guitiriz, nº 8, baixo, 27800 Vilalba-Lugo) no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Lugo, 7 de abril de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo