Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular do dereito mineiro o acordo polo que se aproba a liquidación definitiva de gastos da execución forzosa subsidiaria das actuacións realizadas para o peche da explotación mineira en situación de abandono Estrella, número 2489, sita no termo municipal de Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pontevex, S.L., con CIF B36746626, o acordo da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 3 de abril de 2017, polo que se aproba a liquidación definitiva de gastos da execución forzosa subsidiaria das actuacións realizadas para o peche da explotación mineira en situación de abandono Estrella, número 2489, sita no termo municipal de Campo Lameiro, provincia de Pontevedra, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Comunícaselle que o acordo íntegro está á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas