Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21374

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1109/2012).

Procedemento ordinario 1109/2012

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Gallega de Aislamiento y Ventilación, S.L. (Gaisven, S.L.)

Procuradora: Monserrat Bermúdez Tasende

Avogado: Pedro Francisco Blázquez Fragoso

Demandados: D’U Argo, S.C., María José Ares Bermúdez, herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Andrés Ares Viña

Procuradora: Covadonga Valencia Vallina

Avogado: José Carlos Tomé Santiago

Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, fago saber que se ditou sentenza no xuízo ordinario número 1109/2012, do 30 de outubro de 2015, en que é parte demandada herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Andrés Ares Viña.

Da devandita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

Contra a devandita resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Andrés Ares Viña, e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no DOG, expido e asino o presente.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza