Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (295/2016).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de Proyecon Galicia, S.A. contra Galibrokers, S.L., foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade seguidos ante este xulgado baixo o número 295 do ano 2016, por instancia de Proyecon Galicia, S.A., representado pola procuradora Sra. Feijoó Montenegro e asistido da letrada Sra. Vázquez Vilariño, e como demandado Galibrokers, S.L. en situación de rebeldía procesual, constando nas súas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido:

Estimar a demanda interposta por Proyecon Galicia, S.A. representado pola procuradora Sra. Feijoó Montenegro e asistido da letrada Sra. Vázquez Vilariño, e como demandado Galibrokers, S.L., en situación de rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 21.573,60 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas».

E encontrándose o devandito demandado, Galibrokers, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 22 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza