Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 19872

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 18 de xaneiro de 2017, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 2617, no último parágrafo, onde di:

«Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Local»

Debe dicir:

«Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural»

Na páxina 2627, no último parágrafo do artigo 4.2, onde di:

«Terán a consideración de proxectos non produtivos os definidos no artigo 55 (ficha de elixibilidade VI) destas bases reguladoras».

Debe dicir:

«Terán a consideración de proxectos non produtivos os definidos no artigo 49 (ficha de elixibilidade VI) destas bases reguladoras.»

Na páxina 2628, no punto i), onde di:

«Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición sexa financiada polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen polo menos 5 anos contados desde a data da realización do investimento».

Debe dicir:

«Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición fose financiada polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen polo menos 5 anos contados desde a data da realización do investimento».

Na páxina 2629, no segundo parágrafo do artigo 7.1, onde di:

«As axudas destinadas a investimentos do sector da produción agraria primaria, a investimentos de transformación e/ou comercialización de produtos agrarios en que o produto final estea incluído na súa totalidade no anexo I do Tratado e a investimentos de transformación e/ou comercialización da madeira como materia prima anteriores á primeira transformación industrial desta están amparados no Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. […]».

Debe dicir:

«As axudas destinadas a investimentos do sector da produción agraria primaria e a investimentos de transformación e/ou comercialización de produtos agrarios en que o produto final estea incluído na súa totalidade no anexo I do Tratado, están amparados no Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. […].»

Na páxina 2645, no último parágrafo do artigo 18.2, onde di:

«En todo caso, cando o promotor non poida executar o seu proxecto, deberá presentar a renuncia á subvención concedida, a falta de renuncia constituirá nestas circunstancias causa para iniciar expediente sancionado, ademais de, se é o caso, iniciar o procedemento de reintegro respecto das cantidades xa percibidas en concepto de subvención».

Debe dicir:

«En todo caso, cando o promotor non poida executar o seu proxecto, deberá presentar a renuncia á subvención concedida. A falta de renuncia constituirá nestas circunstancias causa para iniciar expediente sancionador, ademais de, se é o caso, iniciar o procedemento de reintegro respecto das cantidades xa percibidas en concepto de subvención».

Na páxina 2645, no punto b do artigo 19, onde di:

«[…], considéranse empregos consolidados os resultantes da análise e valoración do informe de vida laboral, presentado polo promotor, referentes aos últimos doce meses contados desde a data de solicitude de axuda».

Debe dicir:

«[…], considéranse empregos consolidados os resultantes da análise e valoración do informe de vida laboral, presentado polo promotor, referentes aos doce meses inmediatamente anteriores á data de solicitude de axuda».

Na páxina 2645, no punto c) do artigo 19, onde di:

«Manter durante os 5 anos posteriores á data da súa efectiva creación os empregos que teña a obriga de crear, segundo a valoración acadada en relación con este punto nos criterios de selección».

Debe dicir:

«Manter durante os 5 anos posteriores á data da resolución do pagamento final do proxecto os empregos que teña a obriga de crear, segundo a valoración acadada en relación con este punto nos criterios de selección».

Na páxina 2658, no punto 2 do artigo 30, onde di:

«Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución é expresa».

Debe dicir:

«Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa».

Na páxina 2665, no punto 2 do artigo 42, onde di:

«As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro».

Debe dicir:

«As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis».

Na páxina 2667, no segundo parágrafo do artigo 47, onde di:

«Considérase que a actividade é distinta cando o grupo do código nacional de actividades económicas (CNAE) correspondente á nova actividade sexa distinto do CNAE correspondente á actividade ou actividades comerciais que tivese a empresa con carácter previo á data da solicitude de axuda».

Debe dicir:

«Considérase que a actividade é distinta cando a división do código nacional de actividades económicas (CNAE) correspondente á nova actividade sexa distinta á división do CNAE correspondente á actividade ou actividades comerciais que tivese a empresa con carácter previo á data da solicitude de axuda».