Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1092/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1092/2016, por instancia de José Antonio Neira García contra Neiracartón, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 3 de abril de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por José Antonio Neira García contra a empresa Neiracartón, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato de traballo que unía o traballador coa empresa Neiracartón, S.A.

– Declárase improcedente o despedimento do demandante, con data de efectos do 28 de novembro de 2018, tendo feita a opción pola indemnización.

– Condénase a empresa Neiracartón, S.A. a lle aboar ao demandante a cantidade de 37.933,82 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, e a cantidade de 7.805,92 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento, que devindicarán un xuro de mora do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Neiracartón, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de abril de 2017

A secretaria xudicial