Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (102/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Barral Valoira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Profesional Interservices, S.A. e Mutua Fremap, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 102/2017, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Profesional Interservices, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 5 de setembro de 2017, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Profesional Interservices, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza