Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 29/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada por este xulgado, no proceso seguido por instancia de María Nicolasa Vilela Camiño, contra María Ángela Romero Fuciños, en reclamación de cantidade, rexistrado co número 29/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a María Ángela Romero Fuciños, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 22 de maio de 2017, ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, no seu caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a María Ángela Romero Fuciños, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza