Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.488.378.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 77312000-0, 77312100-1, 77341000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S67, do 6 de abril de 2016; Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 6 de abril de 2016, e Boletín Oficial del Estado núm. 89, do 13 de abril de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.829.250,28 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 914.625,14 euros. Importe total: 1.106.696,42 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2017.

c) Contratista: Servitec Medioambiente, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 785.937,38 euros. Importe total: 950.984,23 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia