Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para o desenvolvemento e execución do plan de control de verteduras da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, zona centro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.688.374.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento e execución do plan de control de verteduras da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, zona centro.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S102, do 28 de maio de 2016; Diario Oficial de Galicia núm. 107, do 7 de xuño de 2016, e Boletín Oficial del Estado núm. 136, do 6 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.040.066,98 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.020.033,49 euros. Importe total: 1.234.240,52 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2017.

c) Contratista: Aquática Ingeniería Civil, S.L. & Adantia, S.L., Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 820.616,94 euros. Importe total: 992.946,50 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia