Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral en diversos centros e instalacións desta universidade (expediente 315/17; 7 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 31.5.2017.

d) Número de expediente: expediente 315/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza respectuoso co medio ambiente e coa seguridade e saúde laboral, en diversos centros e instalacións da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 7 lotes.

I. Lote 1: Campus Norte de Ourense: Ciencias Físicas, Unidade Administrativa, Edificio Multiusos, Edificio de Ferro, Edificio Politécnico, CITI de Ourense e pavillóns I e II.

II. Lote 2: Campus Sur de Ourense: Facultade de Dereito e Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Pavillón Polideportivo, Biblioteca Central e Campo de Fútbol-Rugby e pistas deportivas.

III. Lote 3: Campus de Pontevedra: Edificio da Facultade de Fisioterapia, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Facultade de Belas Artes, Escola de Enxeñaría Forestal, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pavillón Polideportivo, Casa das Campás e Escola Infantil.

IV. Lote 4: Campus de Vigo Ciudad: Escola de Enxeñaría Industrial e Escola de Empresariais.

V. Lote 5: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito tecnolóxico: Edificio de Fundición, Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas e Escola de Enxeñaría Industrial-Sede Campus.

VI. Lote 6: Campus das Lagoas-Marcosende. Servizos xerais e de investigación: Biblioteca central, CACTI, ECIMAT, Edificio de gerencia (Servizos centrais), Reitoría, parque móbil, torre módulo 2 e 5 e Servizo de Deportes. MTI.

VII. Lote 7: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito científico: edificio de ciencias experimentais (Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Químicas e Biblioteca).

d) Lugar de execución/entrega: todos os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no punto primeiro do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous anos a partir do día 1 de agosto de 2017 (os lotes 1, 2, 3, 4, e 5) e 2 anos a partir do 1 de setembro de 2017 (os lotes 6 e 7), o desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous anos máis.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.:

• 90910000-Servizos de limpeza.

• 909210000-Servizos de desinfección e exterminio.

• 90922000-Servizos de control de pragas.

• 79714000-Servizos de vixilancia.

h) C.P.A.: 81.2 Servizo de limpeza.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 11.368.460 €.

5. Importe de licitación: 5.684.230 €. IVE aplicable: 1.193.688,30 €.

I. Lote 1. Importe neto: 660.000 €. Importe total: 798.600 €.

II. Lote 2. Importe neto: 533.725 €. Importe total: 645.807,25 €.

III. Lote 3. Importe neto: 1.230.150 €. Importe total: 1.488.481,50 €.

IV. Lote 4. Importe neto: 614.400 €. Importe total: 743.424 €.

V. Lote 5. Importe neto: 1.056.000 €. Importe total: 1.277.760 €.

VI. Lote 6. Importe neto: 985.000 €. Importe total: 1.191.850 €.

VII. Lote 7. Importe neto: 604.955 €. Importe total: 731.995,55 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se esixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: considerando que o único criterio de adxudicación é a redución do importe de licitación, considérase oportuno que naqueles supostos en que as empresas se atopen inicialmente incursas en oferta anormal ou desproporcionada se exixa unha garantía complementaria do 5 % do lote que corresponda.

7. Requisitos específicos do contratista:

I. Para as empresas españolas exíxese clasificación:

a) Lotes 1, 4, 5, 6, e 7: grupo U; subgrupo 1; categoría C.

b) Lote 2: grupo U; subgrupo 1; categoría B.

c) Lote 3: grupo U; subgrupo 1; categoría D.

II. Para todas as empresas estranxeiras (en todos os lotes):

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características.

III. Para todas as empresas (en todos os lotes):

a) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 31.5.2017.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Dirección: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª planta. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta del adxudicatario; aproximadamente: 3.000 €.

11. Data de envío do anuncio al Diario Oficial de la Unión Europea: 21.4.2017.

Vigo, 24 de abril de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo