Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21907

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do I Convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do II Convenio colectivo de actores e actrices de Galicia, con data do 13 de marzo de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA:

Primero. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da xuntanza da comisión negociadora do II Convenio
de actores e actrices de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 13 de marzo de 2017, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnese as persoas a continuación sinaladas,

Representación empresarial:

Belén García Pichel (Escena Galega).

María José Noya Ansede (Agadic).

Jose Manuel González Sanmartín (Agadic).

Representación sindical:

Roberto Alonso Iglesias (CIG).

Raimundo Méndez García (UGT).

Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Diego Freire Fernández (AAAG).

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG).

Xavier Estévez Montoto (AAAG).

O obxecto da presente xuntanza é a prórroga do I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia e a actualización das táboas salariais. Logo do oportuno debate e exposición de posturas e pareceres por cada unha das representacións presentes na xuntanza, procede reflectir na acta os seguintes puntos.

Primeiro. As partes acordan prorrogar o I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia ata que non se acade un novo que o substitúa no seu ámbito concreto. Todo isto de conformidade e en cumprimento do establecido no artigo 4 do convenio vixente.

Segundo. As táboas salariais para o ano 2017 para as compañías privadas quedan establecidas do seguinte xeito:

2017

Salario mensual

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

1.874,76 €

1.562,56 €

Principal

1.654,20 €

1.367,23 €

Secundario

1.360,13 €

1.269,57 €

Elenco

1.212,05 €

1.074,25 €

Salario bolo

Compañías grupos A e B

Protagonista

171,73 €

Principal

154,43 €

Secundario

137,51 €

Elenco

121,39 €

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

394,69 €

375,07 €

Principal

355,46 €

335,85 €

Secundario

311,34 €

306,43 €

Elenco

277,01 €

267,21 €

Axudas de custo Galicia

43,95 €

43,95 €

Terceiro. Polo que respecta ás táboas salariais das compañías institucionais para o ano 2017, a representación de Agadic solicita que conste expresamente en acta que as ditas táboas se actualizarán conforme a normativa vixente, Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2017, segundo o desenvolvemento establecido na Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións de confección de nóminas do persoal ao servizo das administracións públicas no ano 2017. Estas táboas son as seguintes:

Categoría:

Protagonista: 2.770,71 €.

Principal: 2.083,72 €.

Secundario: 1.560,03 €.

Ao respecto das táboas salariais avanzadas pola representación de Agadic, as representacións sindicais presentes solicitan que conste expresamente en acta a súa desconformidade co seu contido e solicitan que se recuperen as táboas salariais vixentes no ano 2010 previas á redución efectuada pola Agadic, así como as subidas correspondentes e aplicables desde ese ano.

As partes acordan delegar en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, a realización dos trámites para proceder ao depósito, rexistro e publicación da presente acta ante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13.00 horas do día da data, e os asistentes asinan a presente acta en proba de conformidade.