Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21910

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de abril de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Montecastelo, de Vigo (Pontevedra).

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Montecastelo, de Vigo, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións multiplaforma e o CS Desenvolvemento de aplicacións web, no devandito centro educativo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e o CS Desenvolvemento de aplicacións web no centro privado que a continuación se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) Plurilingüe.

Denominación específica: Montecastelo.

Código: 36011191.

Enderezo: rúa Doctor Paz Pardo, 84.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36214.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e ciencias sociais.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Automatización e robótica industrial (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan na presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria