Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (PO 941/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 941/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Ramón Fernández Hermo contra Comercial Xanquei, S.L., Juan Queiro Queiro, Piscifactoría Souto Redondo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Josefa C. Rúa Gayo sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3

PO procedemento ordinario 941/2014

Sobre ordinario

Demandante: Ángel Ramón Fernández Hermo

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Comercial Xanquei, S.L., Juan Queiro Queiro, Piscifactoría Souto Redondo, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Josefa C. Rúa Gayo

Auto:

Maxistrada xuíza: Sandra Mª Iglesias Barral.

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil dezasete.

Único. Ángel Ramón Fernández Hermo solicitou a aclaración da resolución ditada neste procedemento o día 28.12.2016, nos termos que constan documentados.

Parte dispositiva:

Aclárase e rectifícase a resolución ditada nestes autos o día 28.12.2016 no sentido de que onde di: “Jesús María Regueiro Chico”, debe dicir: “Ángel Ramón Fernández Hermo”. No demais debe permanecer invariable a resolución ditada.

Notifíquese esta resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda e asina a maxistrada María Iglesias Barral. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Queiro Queiro e a Comercial Xanquei, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza