Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22082

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2017, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

1. Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se lle encomenda ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Gallegos, S.A. as obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

– Actividade. Execución das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia. Os traballos encomendados consisten en actuacións de clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización no perfilado e acondicionamento dos residuos inertes e na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e a sementeira con especies pratenses. Inclúese o levantamento GPS do punto de vertedura incontrolada, reportaxe fotográfica anterior e posterior á execución e a elaboración e redacción de informes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no punto 2 do artigo 1 da instrución conxunta das consellerías de Economía e Facenda e do Medio Rural, sobre o réxime das encomendas á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., do 19 de marzo de 2007.

– Prazo de vixencia. Os traballos encomendados executaranse nun prazo máximo de 5 meses contados desde o día seguinte a que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a través da persoa designada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático como coordinadora do encargo, da orde do comezo dos traballos.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda financiase nun 80 %, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio