Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2017/163-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS SAL803-804 e CD Áridos J.G.L.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en 4 actuacións:

– Actuación 1-2-3:

1.591 metros; orixe: subestación de Salvaterra; final: paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 14, facendo entrada e saída no CD Áridos J.G.L.

– Actuación -4:

497 metros; orixe: PAS no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 20; final: PAS no apoio proxectado (C-4500-16) no nó nº 21.

LMT aérea a 20 kV con condutor LA110 de 717 metros de lonxitude, con orixe apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 14 e final no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 20.

Centro de seccionamento, Áridos J.G.L., con celas prefabricadas compactas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono Plisan.

Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado C-4500-16 no nó nº 21.

A instalación está situada no polígono Plisan, nos municipios de Salvaterra de Miño e As Neves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra