Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2017/162-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CD SAL804.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Descricións técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en 6 actuacións:

Actuación 1-2:

1.447 metros; orixe: subestación de Salvaterra; final: paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no apoio existente C (C-9000-18).

Actuación 3-4:

2.541 metros; orixe: PAS proxectado no apoio existente D (C-9000-18); final: PAS no apoio proxectado nº 15 (HVH-4500-S13).

Actuación 5:

26 metros; orixe: centro de seccionamento, CD SAL804, proxectado; final: PAS no apoio proxectado nº 17 (C-1000-16).

Actuación 6:

223 metros; orixe: PAS no apoio proxectado nº 17 (C-1000-16); final: PAS no apoio proxectado nº 18 (C-1000-16).

Centro de seccionamento, con celas prefabricadas compactas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono Plisan.

Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados nº 15 (HVH-4500-S13), nº 17 (C-1000-16) e nº 17 (C-1000-16).

A instalación está situada no polígono Plisan, nos municipios de Salvaterra de Miño e As Neves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra