Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22129

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (332/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 10 de febreiro de 2016.

Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos desta localidade, os presentes autos de modificación de medidas 332/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Basilio Manuel Buyo Gabin, representado pola procuradora Sr. Sánchez Presedo e asistido polo letrado, Sr. Gutiérrez Martín, fronte a May Ling Oliva Aguirre, en situación procesual de rebeldía. Interveu o Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Presedo, en nome e representación de Basilio Manuel Buyo Gabin, contra May Ling Oliva Aguirre, rebelde, e acordo a modificación das medidas acordadas en sentenza ditada en data do 6 de novembro de 2014 nos seguintes termos:

1º. Manter a patria potestade compartida.

2º. Atribuír a garda e custodia da menor Mayling Salomé Buyo Oliva (data de nacemento 27.9.2013) integramente ao pai da menor Basilio Manuel Buyo Gabin. A devandita atribución comprende todos os trámites relativos á elección e escolarización da menor por parte do pai.

3º. Réxime de visitas entre a nai e a menor:

– Consistirá en que a nai mentres non regrese a España poderá falar telefonicamente en calquera caso e, se é posible, ver a menor por videoconferencia a cargo da propia nai, sempre que sexa posible, 3 veces por semana, os luns, mércores e venres entre as 20.00 e as 20.30 horas, ou subsidiariamente en caso de acordo cando os proxenitores acorden de mutuo acordo mediando un aviso previo de 24 horas.

– Para o caso de que a Sra. Oliva Aguirre regrese a España e se estableza e empadroe de modo presumiblemente definitivo e continuado neste país, haberá que establecer un réxime de vistas acorde coa situación e circunstancias de ambas as partes no seu momento, pero que en calquera caso e anticipándonos á devandita situación en prol dunha economía procesual, se establecería inicialmente, o seguinte réxime de visitas entre nai e filla:

I. Fins de semana alternos, sábados desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas e domingos desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas, debendo recoller e entregar a menor no punto de encontro da Coruña, Fundación Meniños (rúa As Xubias, nº 15, 15006 A Coruña).

4º. Respecto á pensión alimenticia que a nai aboará a favor da menor será inicialmente de 60 euros ao mes, ata que a nai veña a mellor fortuna. A devandita cantidade será pagadoira nos 5 primeiros días de cada mes na conta que o pai para os devanditos efectos designe, e actualizarase anualmente a devandita pensión no IPC que se determine cada ano.

5ª. Os gastos extraordinarios derivados da adecuada atención da menor serán aboados ao 50 % por ambos os proxenitores.

6º. Mantense a resolución que prohibe a saída da menor Mayling Salomé Buyo Oliva do territorio nacional, sen autorización xudicial expresa.

Iso sen expresa condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Para iso deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, xulgado nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Milagritos Belso Sempere. Asinado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de May Ling Oliva Aguirre, expídese este edicto para que sirva de notificación a esta.

Betanzos, 11 de febreiro de 2016

O/a secretario/a xudicial