Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22127

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1218/2014).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de divorcio 1218/2014 se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza número 141.

Vigo, 14 de marzo de 2016

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1218/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Marianella Casas Magdaleno, representada pola procuradora dos tribunais Purificación Rodríguez González e con asistencia letrada de Antonio Heredero González-Posada, contra Pablo Artigas Herrera, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentes de dereito)

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez González, en nome e representación de Marianella Casas Magdaleno, contra Pablo Adrián Artigas Herrera, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia en autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

E para que conste e para a súa notificación a Pablo Adrián Artigas Herrera, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 4 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza