Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22095

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se convocan as actividades de formación de conformidade co convenio de colaboración asinado coas consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 28 de marzo de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e as consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de atención temperá, convócanse diversas actividades formativas.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

• Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do Servizo Galego de Saúde.

• Profesionais do sistema educativo, empregadas/os da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que interveñan directamente con menores de 0-6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.

• Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.

• Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.gal

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Criterios de selección

1. Terán prioridade os/as profesionais que traballen nos equipos de atención temperá e, en segundo lugar, o persoal que traballe directamente con menores de 0-6 anos de idade.

2. A selección de participantes realizarase conxuntamente entre a Consellería de Política Social, a Consellería de Sanidade, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o servizo de coordinación dos servizos sociais comunitarios.

3. Os criterios selectivos de carácter xeral da Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 xaneiro) serán de aplicación en todo o que non sexa contraditorio coa aplicación dos criterios específicos sinalados.

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xaneiro (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.

4. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización da actividade non completada.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final destas.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, que emitirá un informe en que se declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen ter superado o curso.

Para a obtención do certificado de asistencia, o alumnado deberá participar con regularidade e dedicación no desenvolvemento da acción formativa. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Consellería de Política Social, de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Consellería de Política Social, de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que se empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e a Consellería de Política Social, de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Curso: Traballar a parentalidade positiva.

Código: CV17014.

Tipo: específico.

Área formativa: Consellería de Política Social.

Cualificación: aproveitamento.

1. Obxectivos.

Achegar ás profesionais e aos profesionais da atención temperá as ferramentas necesarias para traballar a parentalidade positiva coas familias usuarias da rede galega de atención temperá.

Proporcionar un espazo de reflexión sobre a incidencia da crianza positiva no mellor desenvolvemento dos nenos e nenas con que se intervén cada día nos equipos da rede.

Xerar o intercambio de boas prácticas en materia de parentalidade positiva na intervención diaria coas familias.

Ofrecer formación sobre a intervención coas familias, desde unha perspectiva, global, integradora e universal da atención temperá.

2. Destinatarios.

Persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

• Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do Servizo Galego de Saúde.

• Profesionais do sistema educativo, empregadas/os da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que interveñan directamente con menores de 0-6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.

• Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.

• Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 20 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4.

Datas: 26, 27 e 28 de xuño de 2017.

Horario: os días 26 e 27 en horario de mañá e tarde, das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas. O día 28 das 10.00 ás 14.00 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

– Parentalidade positiva: marco normativo e conceptual.

– Competencias parentais necesarias para un desempeño positivo da parentalidade.

– Deseño de actuacións de prevención e apoio familiar desde o enfoque da parentalidade positiva.

– Exemplos de programas de promoción da parentalidade positiva baseados na evidencia.

– Boas prácticas profesionais desde o enfoque da parentalidade positiva.

Curso: A/o profesional da atencion temperá: o equipo interprofesional e o traballo en rede.

Código: CV17012.

Tipo: específico.

Área formativa: Consellería de Política Social.

Cualificación: aproveitamento.

1. Obxectivos.

Reflexionar co alumnado sobre a necesidade de que calquera actividade asistencial que se leve a cabo implica unha interrelación da persoa consigo mesma e co contorno, de tal modo que esta é a base que deseña o trato que ofrecemos ás familias, ás compañeiras e compañeiros do equipo e ao traballo en rede.

Reflexionar co alumnado sobre o deseño dos procedementos que se utilizan tanto nos equipos de atención temperá como os que se utilizan no traballo na rede.

2. Destinatarios.

Persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

• Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do Servizo Galego de Saúde.

• Profesionais do sistema educativo, empregadas/os da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que interveñan directamente con menores de 0-6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.

• Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.

• Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 20 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4.

Datas: 4, 5 e 6 de setembro de 2017.

Horario: os días 4 e 5 en horario de mañá e tarde, das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas. O día 6 das 10.00 ás 14.00 horas.

Prazas: 25.

4. Contido.

O traballo en equipo. Interdisciplinariedade e transdisciplinariedade. Definición e obxectivos.

O clima de traballo, a organización do centro, o liderado, a cooperación entre colegas na planificación e na organización de actividades.

Revisión dos procedementos xa existentes nos equipos de atención temperá ou iniciar a súa creación.

Revisión dos procedementos existentes no traballo en rede e avaliar o seu funcionamento.

Curso: Programa informático de rexistro de información da rede galega de atención temperá

Código: CV17015.

Tipo: específico.

Área formativa: Consellería de Política Social.

Cualificación: aproveitamento.

1. Obxectivos.

Formar no uso desta ferramenta informática ás profesionais e aos profesionais que traballen na rede de atención temperá de Galicia.

Esta ferramenta ten por obxectivo o rexistro de información das persoas usuarias da rede de atención temperá e, ao mesmo tempo, facilitar a coordinación dos equipos profesionais que interveñen na atención a menores de 0-6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como a súa prevención.

O programa dará soporte aos servizos de atención temperá (SAT) e estará integrado co sistema de información de HSUE (Historia social única electrónica da Xunta de Galicia) e permitirá aos SAT a extracción dos indicadores e estatísticas necesarias tanto para a planificación como para as xustificacións, memorias, investigacións e avaliacións que precisen realizar.

2. Destinatarios.

Persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

• Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do Servizo Galego de Saúde.

• Profesionais do sistema educativo, empregadas/os da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que interveñan directamente con menores de 0-6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.

• Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.

• Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 20 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, Aula de informática do Edificio Administrativo de San Lázaro.

Datas : 25, 26 e 27 de setembro de 2017.

Horario: os días 25 e 26 en horario de mañá e tarde, das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas. O día 27 das 10.00 ás 14.00 horas.

Prazas: 20.

4. Contido.

1. Proceso de detección precoz:

1.1. Fase de detección.

1.2. Fase de derivación.

2. Proceso de valoración e intervención:

2.1. Fase de acollida.

2.2. Fase de valoración.

2.3. Fase de intervención.

2.4. Fase de avaliación.

2.5. Finalización do servizo.

Para traballar polo miúdo con todos os aspectos tidos en conta polo programa informático:

Programa formación módulo HSUE_AT.

Rexistro de solicitudes.

Ficha do menor.

Xestión de expedientes.

Buscador persoas/expedientes.

Valoración.

Clasificación diagnóstica ODAT.

Elaboración e seguimento do PPI.

Cuestionario de desenvolvemento de Haizea-Llevant.

Xestión de listas de espera.

Rexistro de intervencións.

Seguimento das accións realizadas.

Elaboración de informes.

Citas:

– Xestión de citas.

– Xestión de axendas.

– Xestión de reunións.

– Xestión de entrevistas.

Imputación de horas de traballo.

Administración:

– Xestión de usuarios da aplicación.

– Xestión de calendarios.

– Xestión de CDIATS, equipamentos e profesionais.

Explotación estatística:

– Indicadores de supervisión.

– Indicadores de xustificación.

Alarmas e avisos.

Documentación e formularios.