III. Outras disposicións
Instituto Galego de Promoción Económica
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG núm. 247, do 29 de decembro de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:
– Na páxina 49449, na letra d) do artigo 4, onde di:
«d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia».
Debe dicir:
«d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de presentación da solicitude de cobramento, algún empregado por conta allea en Galicia».