Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22578

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 247, do 29 de decembro de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 49488, na letra d) do punto 1 do artigo 4, onde di:

«d) Que teñan, na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda».

Debe dicir:

«d) Que teñan, na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de presentación da solicitude de cobramento, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda».