Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22576

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 25 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de instalacións fotovoltaicas nas comunidades de propietarios para o ano 2017.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios/as que leven a cabo as instalacións fotovoltaicas establecidas no artigo 5 destas bases nas vivendas nas que sexan titulares da subministración eléctrica e que estean dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións a proxectos de instalacións fotovoltaicas nos edificios das comunidades de propietarios, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (IN421M).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 25 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de instalacións fotovoltaicas nas comunidades de propietarios para o ano 2017.

Cuarto. Contía

1. A contía global da convocatoria ascende a 300.000 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos propios do Inega para a anualidade 2017.

Código

Concepto

Total fondos

Aplicación orzamentaria

IN421M

Proxectos de fotovoltaica en comunidades de propietarios

300.000 euros

09.A2.733A.781.2

2. A contía da subvención será do 50 % do custo elixible da instalación, cun máximo de 60.000 euros por proxecto.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia