Logo de finalizado o prazo para a presentación de solicitudes e realizada a baremación dos méritos para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, das especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422), que se comunicou mediante un Anuncio do 15 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo), e de acordo co disposto no punto sétimo do citado anuncio, procede publicar no portal da internet desta consellería as puntuacións provisionais e a relación provisional de persoas excluídas.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas no portal da internet desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación provisional de persoas excluídas do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422).
Segundo. Contra as puntuacións provisionais e a relación provisional de persoas excluídas, as persoas interesadas poderán formular unha reclamación mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos