Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23595

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 27 de abril de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

De conformidade co establecido nos artigos 17 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 27 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica á persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o adxudicatario do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa designada. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña o destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderán impugnala anet o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Castro Rey, Javier.

NRP: 4690658668 A1146.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto: secretario/a do director/a

Código: IN.C03.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.