Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DPS 954/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 954/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Ares Díaz contra Tecnolóxica Sistemas, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 213/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 954/2016.

Demandante: Paula Ares Díaz.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Tecnolóxica Sistemas, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentencia

A Coruña, 17 de abril de 2017.

Fallo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Paula Ares Díaz fronte á empresa Tecnolóxica Sistemas, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento da primeira e declaro a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo.

2º. A indemnización a aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 5.233,91 euros.

3º. A demandada haberá de aboar á traballadora a cantidade de 3.073,50 euros en concepto de salarios de trámite.

4º. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por Paula Ares Díaz fronte á empresa Tecnolóxica Sistemas, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 1.729,99 euros en concepto de salarios debidos, así como os xuros do artigo 29.3 do ET.

5º. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnolóxica Sistemas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza