Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 66/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 66/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Torres Burgos contra Radmar, S.L., Roncadoiro, S.L., Modesto Otero Meitín y Otros, C.B., Modesto Otero Meitín, Salustiano Otero Meitín, Manuela Louzao Quelle, herdeiros de Alfredo Otero Meitín, herdeiros de Tomás Otero Meitín, Fogasa, Áurea Rivas Bermúdez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 17 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 66/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Emilio Torres Burgos, representado pola procuradora Alicia Lodos Pazos e asistido da letrada Elvira Couso Suárez, contra Radmar, S.L., Roncadoiro, S.L., que non comparecen, Modesto Otero Meitín y Otros, C.B. (conformada por Modesto Otero Meitín, Salustiano Otero Meitín, Alfredo Otero Meitín-falecido, os seus herdeiros: Manuela Louzao Quelle, Tomás Otero Meitín-falecido, os seus herdeiros: Áurea Rivas Bermúdez, representados pola letrada Ana María Estrada Santolaria, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Emilio Torres Burgos e condeno solidariamente a Radmar, S.L., Roncadoiro, S.L., que non comparecen, Modesto Otero Meitín y Otros, C.B. (conformada por Modesto Otero Meitín, Salustiano Otero Meitín, Alfredo Otero Meitín-falecido, os seus herdeiros: Manuela Louzao Quelle, Tomás Otero Meitín-falecido, os seus herdeiros: Áurea Rivas Bermúdez a que lle aboen ao demandante a cantidade de 21.387,5 euros máis o 10 % de xuro moratorio.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de Xustiza, dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Radmar, S.L, Roncadoiro, S.L. e Modesto Otero Meitín y Otros, C.B, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza