Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23711

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial de Oímbra (Ourense).

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de redacción de proxecto de urbanización do parque empresarial de Oímbra (Ourense). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro do Inorde ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil de contratante na web da Deputación Provincial de Ourense www.depourense.es. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente no número 988 31 79 30 ante a Xerencia do Inorde.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso de alzada, ante a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 3 de abril de 2017

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico