Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de prestación do servizo de vixilancia e seguridade de edificios municipais.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 12 de abril de 2017, adxudicouse o contrato de prestación do servizo de vixilancia e seguridade de edificios municipais, e a súa formalización publicarase para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 4/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de vixilancia e seguridade de edificios municipais.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura) 79713000-5.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación.

h) Data de publicación do anuncio de licitación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4.Valor estimado do contrato: 70.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto 70.000,00 euros. Importe total 84.700,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de abril de 2017.

c) Contratista: Eulen Seguridad, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto 70.000,00 euros e 14.700,00 euros de IVE. Importe total 84.700,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Licitador único:

– Prezo catro (4) anos: 70.000,00 € e 14.700,00 € de IVE: 55 puntos.

– Organización do servizo: 15 puntos.

– Medios persoais, materiais ou prestacións complementarias: 15 puntos.

San Cibrao das Viñas, 24 de abril de 2017

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde