Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de maio de 2017, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 21 de marzo de 2017 ditada no expediente sancionador LU-20/2016, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que se relaciona no anexo a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo, da xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente LU-20/2016, incoado ao titular do establecemento denominado La Zona, situado na rúa Zeppelin, nº 1, do concello de Burela (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e deberase aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Lugo, 2 de maio de 2017

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-20/2016.

Denunciado: Joaquín Moreira Ferreira.

Establecemento: Discoteca La Zona.

Enderezo: rúa Zeppelin,1, baixo. Localidade: Burela.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.i) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Resolución: 21 de marzo de 2017.

Sanción: 200 euros (douscentos euros).