Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23819

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Sonia Martínez Arca
Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data sinatura

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lilly, S.A., para a colaboración na realización da actividade formativa Código Camiño.

10.000,00 €

15.2.2017

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Allergan, S.A., para a realización da actividade formativa Plan Ictus: curso de actualización en manexo do ictus isquémico agudo en Atención Primaria.

3.420,00 €

3.3.2017

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Roche Farma, S.A., para a colaboración na realización da actividade formativa Código Camiño.

10.000,00 €

3.3.2017

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Celgene, S.L. Unipersonal para o desenvolvemento de actividades de promoción do coñecemento da saúde.

Sen achega económica

2.3.2017

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Celgene, S.L. Unipersonal para o desenvolvemento do evento de promoción da innovación e investigación en saúde Transformas.

20.025,83 €

9.3.2017