Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23816

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

EXTRACTO da Resolución do 8 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

BDNS (Identif.): 346231.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Resolución do 8 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán optar aos premios as nenas e os nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxas persoas representantes legais estean afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os fillos e as fillas dos membros do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

Segundo. Obxecto

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria, baixo o réxime de concorrencia competitiva, do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado ás nenas e aos nenos galegos, con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases que rexerán serán as contidas na Resolución do 8 de maio de 2017 pola que se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

As bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Existirán en cada categoría tres premios en metálico, cada un deles coa seguinte dotación económica:

Categorías

De 9 a 11 anos

De 12 a 14 anos

1º premio

250 euros

250 euros

2º premio

200 euros

200 euros

3º premio

150 euros

150 euros

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Sexta. Outros datos

A solicitude, que se deberá formalizar segundo o modelo do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, irá acompañada dun sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición «Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas», e no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá:

1. O texto do conto en folio formato A4. Na cabeceira indicaranse exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.

2. Un sobre pequeno pechado no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre conterá os seguintes documentos:

– Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

– Fotocopia do libro de familia onde consten estes datos: nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

Sonia Rodríguez-Campo González
Directora da Escola Galega de Administración Pública