Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de maio de 2017 pola que se notifica reclamación de custos por danos ocasionados no dominio público portuario de Vilaxoán.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Ana Cristina Méndez Arosa, con DNI 77407747, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 17 de abril de 2017, para proceder ao aboamento de custos de reposición ocasionados no dominio público portuario de Vilaxoán (Pontevedra), por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os danos na balaustrada da praia do Preguntoiro producíronse polo accidente do día 26 de abril de 2016, do vehículo con matrícula 3023-FKS, segundo se reflicte na Acta 06/2016 do celador con NIP 367124, acompañada de fotografías; o vehículo, segundo declara a Policía Local e se confirma cos datos da DXT, carece de seguro.

O importe a que ascendeu o custo de reposición da balaustrada foi de 193,60 euros, IVE incluído.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada, que deberá de ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galiciamissing image file