Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN de 24 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a contratación, subministración e instalación de equipamento de comunicacións Fiber Channel (expediente AB-SER1-16-044).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-16-044.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación, subministración e instalación de equipamento de comunicacións Fiber Channel para o Servizo Galego de Saúde. Cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02; prioridade de investimento 2.3; obxectivo especifico 2.3.1.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8, 32524000-2, 32429000-6.

e) Acordo marco (si procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 195, do 13 de outubro de 2016.

Boletín Oficial del Estado nº 240, do 4 de outubro de 2016.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2016/S 185-332688, do 24 de setembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 670.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 670.000 euros. Importe total: 810.700 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7.12.2016.

b) Data de formalización: 19.1.2017.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 532.961 euros. Importe total: 644.882,81 euros.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos