Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24234

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (104/2014).

Lucía García González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario seguido por instancia de Orlando Rodríguez Barreiro fronte a Promotora Pino Manso Porriño, S.L., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Rosa María López Barral, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario nº 104/2014, sobre resolución contractual, en que son parte:

– Demandante: Orlando Rodríguez Barreiro, representado pola procuradora dos tribunais Olga Mosquera Lorenzo e asistido pola letrada Begoña Martínez Álvarez.

– Demandada: a mercantil Promotora Pino Manso Porriño, S.L., en situación de rebeldía procesual.

En virtude das facultades que me foron conferidas e en nome do rei, dito a presente resolución.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Orlando Rodríguez Barreiro, representado pola procuradora dos tribunais Olga Mosquera Lorenzo, fronte á mercantil Promotora Pino Manso Porriño, S.L., en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia:

1. Declaro resolto o contrato de permuta do 4.10.2007, subscrito entre Promotora Pino Manso Porriño, S.L. e Orlando Rodríguez Barreiro, outorgado en escritura pública ante o notario de Galicia Joaquín López Doval, nº de protocolo 1.656.

2. Condeno a Promotora Pino Manso Porriño, S.L. a devolver a Orlando Rodríguez Barreiro os predios entregados por este último en permuta (predios inscritos no Rexistro da Propiedade de Tui, nº rexistral 17.913 e 17.906) e, se isto non for posible por existiren terceiros con mellor dereito, conforme o disposto nos artigos 1295 e 1298 do Código civil e as disposicións da Lei hipotecaria, a demandada deberá aboar á demandante a cantidade de cento cincuenta e sete mil euros, máis os xuros legais.

3. As custas impóñenselle á parte demandada.

Rosa Mª López Barral, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que, de ser o caso, se interporá neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación».

E ao estar o dito demandado, Promotora Pino Manso Porriño, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza