Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24232

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4224/2016 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4224/2016 MCR

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 449/2015. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Xurxo Fernández SuÁrez

Avogado: Roxelio Fernández Portela

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la SS nº 39, Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Tadecal, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4224/2016 MCR desta sala seguido por instancia de Xurxo Fernández SuÁrez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Sergas, Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la SS nº 39, Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridade Social número 151, Tadecal, S.L., sobre accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Xurxo Fernández Suárez fronte á sentenza do 17 de xuño de 2016 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada nos autos nº 449/2015 seguidos fronte ao INSS, a TXSS, o Sergas, Mutua Asepeyo e Mutua Intercomarcal. Todo iso confirmando a sentenza de instancia.

2º. Sen condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tadecal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza