Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de licitación da contratación do servizo alleo de prevención de riscos laborais, incluíndo as especialidades de hixiene industrial, ergonomía-psicosocioloxía aplicada, vixilancia da saúde e medicina no traballo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vila de Cruces.

b) Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía.

c) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Vías e Obras.

d) Número de expediente: 76/2017.

e) Enderezo: praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.

f) Obtención de documentación e información:

– Teléfono: 986 58 20 17/95.

– Fax: 986 58 23 17.

– Correo electrónico: secretariageneral@viladecruces.es

– Enderezo do perfil do contratante: www.viladecruces.es

– Enderezo da sede electrónica: www.viladecruces.sedeelectronica.es

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Obxecto: prestación do servizo alleo de prevención de riscos laborais, para o Concello de Vila de Cruces, incluíndo as especialidades de hixiene industrial, ergonomía-psicosocioloxía aplicada, vixilancia da saúde e medicina no traballo.

c) CPV: 85147000-1, servizos de sanidade das empresas.

d) Duración do contrato: catro (4) anos, prorrogable por dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación avaliables mediante a aplicación de fórmulas:

– Prezo ofertado á baixa.

– Melloras (servizos complementarios ofertados sen custo a maiores dos previstos nos pregos), desagregados como segue:

• Impartición e certificación de cursos presenciais de primeiros auxilios por cada ano de contrato, impartido por persoal sanitario e con prácticas de RCP.

• Dispoñer de unidade móbil con equipamento suficiente para prestar o servizo de recoñecemento médico nas inmediacións dos centros de traballo.

• Realización de probas médicas para a diagnose precoz de cancro de próstata complementarias das probas médicas incluídas nos recoñecementos médico-laborais.

• Realización de probas médicas citolóxicas complementarias das probas médicas incluídas nos recoñecementos médico-laborais.

4. Valor estimado do contrato e tipo de licitación. Financiamento. O orzamento máximo de licitación, sen incluír o IVE que deberá soportar a Administración, fíxase en 4.360,00 euros/ano, distribuídos da seguinte forma:

– Prestacións de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada:

Orzamento sen IVE/ano

IVE 21 %

Total/ano

2.160 €

453,60 €

2.613,60 €

– Disciplina medicina no traballo (vixilancia da saúde):

Custo individual do recoñecemento médico

Nº de traballadores

IVE %

Total/ano

44,00 €

50

Exento (artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido)

2.200 euros

Por tanto, o importe estimado para cada anualidade (IVE excluído), tendo en conta o disposto no artigo 88 do TRLCSP é o seguinte:

– Ano 2018: 4.360,00 euros máis 453,60 euros de IVE.

– Ano 2019: 4.360,00 euros máis 453,60 euros de IVE.

– Ano 2020: 4.360,00 euros máis 453,60 euros de IVE.

– Ano 2021: 4.360,00 euros máis 453,60 euros de IVE.

Para a determinación do prezo deste contrato (4 anos) os licitadores presentarán a súa oferta económica desagregada do seguinte xeito, conforme o anexo II destes pregos:

– A oferta relativa á disciplina de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada, cuxo orzamento base de licitación é de 8.640 euros, máis 1.814,4 euros de IVE.

– A oferta relativa á disciplina medicina no traballo (vixilancia da saúde): cuxo orzamento base de licitación é de 44 euros por recoñecemento (exento de IVE polo artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido), efectuarase en termos de prezo unitario por recoñecemento médico (máximo 44 euros). O prezo total ofertado nesta epígrafe será o que resulte de multiplicar o custo individual do recoñecemento médico ofertado 44 euros, polo numero de traballadores do Concello (50), sen que en ningún caso poida exceder os 8.800 euros (orzamento máximo de licitación nesta epígrafe).

Considerando a duración do servizo de catro anos (4 anos + 2 anos de posible prórroga) e as posibles modificacións previstas no presente prego (ata un 20 % do orzamento máximo de licitación, IVE excluído), o valor estimado do contrato (artigo 87 TRLCSP) ascende á contía de 31.392,00 euros (IVE excluído).

5. Revisión de prezos.

Non procede.

6. Garantías exixidas.

a) Garantía provisional: exento.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE

7. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Económico-financeira: volume anual de negocios, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 7.220,04 euros.

b) Técnica:

1. Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos (de características similares ao obxecto do contrato) que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado destes. Acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Deberá acreditarse que a empresa executase, como mínimo, tres servizos análogos nos últimos cinco anos. Entenderanse por servizos análogos aqueles cuio importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 5.000 euros.

2. Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato. Para estes efectos deberá achegarse unha relación e o curriculum vitae do persoal asignado á execución do contrato en que deberá figurar necesariamente:

– Coordinador técnico con formación en riscos laborais de nivel superior.

– Médico especialista en medicina do traballo.

– ATS/DUE de empresa.

* A acreditación da capaciade e solvencia do empresario, así como a documentación que debe presentar, detállase na cláusula 22ª do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación. Para o inicio do computo do prazo de presentación de ofertas, terase en conta a data en que teña lugar a publicación do último anuncio de licitación (DOG, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e perfil do contratante).

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello sito na planta primeira da casa do concello en horario de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas.

9. Documentación que hai que presentar. A prevista na cláusula 18ª do prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Apertura de ofertas. No día, na hora e no lugar que se indicará mediante publicación no perfil do contratante municipal cunha antelación mínima de dous días hábiles.

11. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario (cláusula 30ª.7 dos pregos).

Vila de Cruces, 28 de marzo de 2017

Jesús Otero Varela
Alcalde