Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica o levantamento da suspensión no procedemento sancionador 2012203-PL-CO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 24 de outubro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña acordou a suspensión da instrución do procedemento sancionador 2012203-PL-CO ata que se ditase resolución xudicial sobre os feitos. A suspensión foille notificada ao interesado no procedemento con data do 26 de outubro de 2012.

Ditada resolución xudicial firme, con data do 4 de abril de 2017 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade acordou o levantamento da suspensión e, tentado practicar a notificación ao interesado no seu último domicilio coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez tentada a notificación e ao non poderse efectuar esta, farase mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, que se poderá publicar con carácter potestativo, previamente no Diario Oficial de Galicia.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: 2012203-PL-CO.

Interesado: Emilio Arias Aparicio.

NIF: 33263196-K.

Último enderezo coñecido: rúa Entremurallas, 8, bis, 15702 Santiago de Compostela.