Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2017/191-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Metalgráfica Gallega, S.A.

Domicilio social: Rosalía de Castro 45, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMTS, CS Hipermercado Alcampo.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 207 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT VAR809 (Doutor Tourón, 9), tramo VAR8090729, unha vez que entre e saia do centro de seccionamento proxectado Hipermercado Alcampo. Centro de seccionamento con celas compactas prefabricadas baixo envolvente metálica con illamento e corte en SF6. A instalación está situada na rúa Xílgaro e unha de nova apertura, na parroquia de Arealonga (Santa Baia), Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra