Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24450

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 9 de maio de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG núm. 44, do 3 de marzo), modificada pola Orde do 9 de marzo de 2017 (DOG núm. 52, do 15 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 45, do 7 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, de acordo coas alegacións presentadas, a pregunta número 8.

Segundo. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base 2.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de corenta puntos (40 puntos); fíxase en dezaseis (16) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Cuarto. Consonte o disposto na base 2.2.7 da convocatoria, concédese un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións con relación ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do primeiro exercicio.

Quinto. As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán segundo a base 2.1.2 da orde da convocatoria dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 2 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

A dita documentación deberá dirixirse, de acordo co disposto na base 3.14, á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Sexto. De acordo co disposto na base 3.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal