Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da rúa Juan Antonio Suances.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 3.5.2017, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias do concello no ámbito da rúa Juan Antonio Suances, de acordo coa documentación, de data de xaneiro de 2017, que redactou o despacho de arquitectura e urbanismo de María Ríos Carballeira, colexiada do COAC 53014-1, e que se entregou no concello o día 15.2.2017 (RE núm. 1205).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello (avenida de Castelao, núm. 36), de luns a venres, en horario de 8.00 a 14.30 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar na páxina web do concello www.aspontes.org

As Pontes de García Rodríguez, 8 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 1245/2015, do 2 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos