Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle redactado por instancia de parte no núcleo do Amendo.

Aprobado inicialmente o estudo de detalle redactado por instancia de parte no núcleo do Amendo, co obxecto de reaxustar as aliñacións das vías do extremo sueste da parcela 277 do polígono 28 no Amendo-11.

En cumprimento do acordo adoptado o 9 de febreiro e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Taboadela, 9 de marzo de 2017

Manuel Gallego Vila
Alcalde