Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de información pública relativo á aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Taboadela, en sesión ordinaria do 9 de febreiro de 2017, prestou aprobación inicial á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal: modificación puntual número 5 do Concello de Taboadela, elaborada pola arquitecta María del Consuelo González García, para a modificación puntual da ordenación detallada do sector UDI-2 (solo urbano industrial), ao noroeste do núcleo rural das Quintas.

– En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométense esta modificación e os restantes documentos integrantes do expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Todo isto, para efectos de que durante tal período se poidan formular as alegacións ou suxestións que se consideren oportunas; o prazo computarase desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Cambios que formula a modificación:

1º. Modificación puntual da ordenación detallada do sector UDI-2 nas Quintas para realizar os axustes necesarios con respecto á situación da zona verde sen variar a súa superficie.

Taboadela, 9 de marzo de 2017

Manuel Gallego Vila
Alcalde