Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza Constitución, nº 4.

iii. Localidade: Cuntis. CP 36670.

iv. Teléfono: 986 54 80 05.

v. Fax: 986 53 39 95.

vi. Correo electrónico: contratación@concellodecuntis.es

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: /www.contratosdegalicia.gal

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos suxeito a regulación armonizada.

b) Descrición: servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución: concello de Cuntis.

d) Prazo de execución: 24 meses, prorrogable ano a ano, por dous máis.

e) Código CPV principal: 85312000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: aberto con varios criterios de adxudicación, que son os seguintes:

1º. Criterios avaliables mediante un xuízo de valor ata un máximo de 30 puntos: proxecto técnico do servizo de axuda no fogar no concello de Cuntis (esta documentación deberase incluír no sobre B):

Proposta de organización do servizo:

Memoria en que se describa a proposta do licitador para o cumprimento do contrato, axustándose ao previsto nos pregos de prescricións administrativas e técnicas. Este documento non terá unha extensión superior a 40 páxinas, 20 follas impresas a dúas caras en formato de impresión A4, letra arial 12 e interliñado 1,5. Serán rexeitados aqueles plans que superen a dita extensión.

A memoria fará referencia no seu contido a todos os aspectos enunciados a seguir, garantindo a claridade e a coherencia expositiva, procurando facilitar o coñecemento da oferta que se presenta, evitando información irrelevante. Poderán achegarse anexos con contidos vinculados ao proxecto formulado, sempre que estes faciliten a súa comprensión.

Valorarase o proxecto de traballo/memoria para a prestación do servizo ata un máximo de 30 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Estudo para a prestación do SAF atendendo á realidade social, económica e xeográfica do concello de Cuntis: máximo 10 puntos.

1.1. Adecuación do servizo á realidade social e contextualización do SAF en consonancia coas características poboacionais e demográficas do concello

Ata 2 puntos

1.2. Definición dos obxectivos operativos

Ata 2 puntos

1.3. Metodoloxía: proceso de diagnose, planificación e execución

Ata 2 puntos

1.4. Estratexias de acción que melloren a calidade do servizo mediante o achegamento dos recursos e/ou servizos as persoas beneficiarias: xestións de receitas médicas, comidas a domicilio, servizo de recollida e traslado de roupa, accións de inclusión e integración na comunidade, etc.

Ata 3 puntos

1.5. Claridade e coherencia expositiva

Ata 1 punto

b) Sistema de organización dos recursos humanos adscritos directamente á execución do contrato no concello de Cuntis. Persoal de adscrición directa: persoal técnico e persoal auxiliar. Máximo 5 puntos.

2.1. Congruencia das funcións asignadas a cada profesional

Ata 2 puntos

2.2. Planificación do equipo de traballo, organización de horarios, cuadrantes, substitucións, criterios de acceso para o persoal auxiliar incluído nas listas de espera para as posibles substitucións, etc.

Ata 3 puntos

c) Plan de formación dos/as traballadores/as, con indicación de horas anuais. Máximo 5 puntos.

Formación complementaria a maiores da exixida, 20 horas de formación por traballador/a, recollida no prego de prescricións técnicas.

Valorarase o plan de formación que a empresa presente para contribuír á reciclaxe profesional do seu cadro de persoal, sempre que estea relacionado directamente co servizo de axuda no fogar e atención sociosanitaria e así mesmo a formación transversal e complementaria en materia de igualdade, condutas adictivas, seguridade e hixiene no traballo, protección de datos, etc. Deberase incluír una descrición de cada unidade formativa indicando os contidos, número de horas, perfil profesional a quen se dirixe a formación e se é de carácter presencial ou a distancia:

Nº horas por curso

Presencial-puntuación

Semipresencial ou a distancia-puntuación

Menos de 20 horas

0

0

Entre 21 e 30 horas

0,25

0,125

Entre 31 e 40 horas

0,50

0,25

Entre 41 e 50 horas

1

0,5

Máis de 51 horas

1,5

0,75

d) Protocolos de actuación, soportes documentais, electrónicos, organización e avaliación do servizo, que garante a calidade na acción: máximo 10 puntos.

4.1. Sistemas de coordinación de carácter interno e externo

Ata 1 punto

4.2. Soportes documentais que se van empregar

Ata 1 punto

4.3. Soportes electrónicos que permitan o control desde o Concello do cumprimento do contrato en tempo real (horarios das auxiliares, tarefas, incidencias, informes de seguimento, etc.)

Ata 3 puntos

4.4. Protocolos de actuación: altas, incidencias, suplencias, ausencias, emerxencias, resolución de queixas, etc.

Ata 2 puntos

4.5. Procedemento de avaliación continua de prestación do servizo con proposta de indicadores, instrumentos e fases con cronogramas para o período do contrato

Ata 3 puntos

2º. Criterios avaliables de xeito automático ata 40 puntos (estes deberanse incluír no sobre C).

A) Melloras gratuítas no servizo.

Valoraranse as melloras achegadas polas empresas, sen custo adicional para o Concello nin para as persoas usuarias do servizo, ata un máximo de 20 puntos, repartidos do seguinte xeito:

i. Prestación de axudas técnicas.

A empresa licitadora deberá indicar o número de axudas que pon á disposición do Concello por anualidade, de xeito que se houber prórroga por unha anualidade máis o número total de axudas técnicas ofertadas sen custo sería o mesmo. Incluirá o transporte e entrega no domicilio das persoas usuarias, montaxe e desmontaxe, mantemento e recollida. Ata un máximo de 9 puntos.

As empresas licitadoras deberán presentar descrición detallada, soporte fotográfico e descrición destas, así como o procedemento das entregas a domicilio, recollida e o seu mantemento.

a) Guindastres de mobilización persoal: de 0 a 4 puntos.

b) Camas articuladas eléctricas: de 0 a 3 puntos.

c) Colchóns antiescaras: de 0 a 1 punto.

d) Cadeira de baño xiratoria: de 0 a 1 punto.

Obterán a máxima puntuación por cada tipo de axuda técnica as empresas que oferten o maior número de axudas técnicas, 0 puntos as que non as oferten ou sexan distintas ás establecidas, e as demais valoraranse de xeito proporcional.

ii. Actividades de servizos complementarios.

Desenvolveranse fóra do horario habitual do servizo. A empresa deberá indicar o número de servizos, que equivale a número de horas, que pon á disposición do Concello para unha anualidade do contrato, tendo en conta que si houber prórrogas o número total de servizos ofertados sen custo sería o mesmo para cada anualidade prorrogada, ata un máximo de 11 puntos.

Obterá a máxima puntuación a empresa que oferte o maior número de horas anuais en total, 0 puntos as que non oferten ningún servizo dos indicados e as demais de xeito proporcional:

a) Servizo de fisioterapia a domicilio: de 0 a 2 puntos.

b) Servizo de podoloxía a domicilio: de 0 a 2 puntos.

c) Servizo de terapia ocupacional a domicilio: de 0 a 1 punto.

d) Servizo de atención psicolóxica e de educación social: de 0 a 1 punto.

e) Servizo de perrucaría a domicilio: de 0 a 1 punto.

f) Servizo de acompañamentos: de 0 a 1 punto. Dirixido ás persoas que carecen de apoio familiar e que polas súas características precisan dun acompañamento.

g) Atención e traballos profesionais de urxencia do servizo do SAF: de 0 a 2 puntos.

h) Limpezas xerais ou de choque no domicilio: de 0 a 1 punto.

B) Oferta económica.

O prezo ofertado valorarase cunha puntuación máxima de 20 puntos. Atribuiranse os 20 puntos á oferta económica que conteña o importe máis baixo, 0 puntos á oferta económica que conteña o orzamento base de licitación, e o resto das ofertas valoraranse de xeito proporcional.

4. Valor estimado do contrato: 1.618.552,00 euros (sen IVE). O prezo unitario base máximo por hora de prestación de servizo é de 13 euros, incluídos os servizos prestados en sábados, domingos e días festivos, e o correspondente IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido no anuncio de licitación do procedemento e nos pregos do contrato relativo a un ano de execución do contrato, acreditado mediante a achega do resumen da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado. Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade; moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

b) Solvencia técnica: deberase acreditar a solvencia técnica polos seguintes medios: unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; se é o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

c) Habilitación empresarial e profesional. Especificamente para este servizo, os licitadores deberán acreditar estar en posesión da autorización de entidade prestadora de servizos sociais, conforme a normativa de aplicación: estar debidamente autorizada de conformidade co establecido no Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e centros de servizos sociais. Estar acreditadas de conformidade co disposto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e o Decreto 143/2007, do 12 de xullo.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 31.5.2017.

b) Data de envío do anuncio ao DOUE: 21.4.2017.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Cuntis, sito en praza da Constitución nº 4, Cuntis, 36670.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza da Constitución, nº 4.

b) Localidade e código postal: Cuntis, 36670.

c) Data e hora: 12.6.2017 ás 9.00.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 25 de abril de 2017

Manuel Campos Velay
Alcalde