Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (punto quilométrico 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (punto quilométrico 1+170-2+250), nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón (clave AC/16/087.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 20 de xaneiro de 2017, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (p.q. 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (p.q. 1+170-2+250), de clave AC/16/087.06.

Con data do 23 de febreiro de 2017, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (punto quilométrico 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (punto quilométrico 1+170-2+250), nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón (clave AC/16/087.06), por Decreto 25/2017, publicado no Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo de 2017.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón para que comparezan no lugar, nas datas e nas horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

– Termo municipal de Santiago de Compostela.

Lugar: Centro Sociocultural do Castiñeiriño Agustín Bueno (rúa Virxe de Fátima, s/n).

Data: 27 de xuño de 2017, das 9.30 ás 9.45 horas.

– Termo municipal de Boqueixón.

Lugar: Local Social de Sergude.

Data: 27 de xuño de 2017, das 10.45 ás 12.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Santiago de Compostela e de Boqueixón e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente, ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e xuntar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución. Poden facerse acompañar pola súa conta, se o cren oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

A Coruña, 3 de maio de 2017

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña