Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25008

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2016, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI427A).

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 11, do 17 de xaneiro de 2017), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2017 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 12.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 10.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante, logo da aplicación do establecido no artigo 5.6 das bases reguladoras, por un importe total de 1.419.985,38 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a continuación:

Aplicación

Código proxecto

Importe

05.11.313B.481.2

2015 00142

1.419.985,38

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «A loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple».

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 9.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 12.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionado no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Quinto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Sexto. De conformidade co artigo 16.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 23 de decembro de 2016.

Sétimo. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 15.1 das bases reguladoras, é o 10 de outubro de 2017.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) 1303/2013 e no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2016 e ata o 30 de setembro de 2017.

Oitavo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 17 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamenta a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos na Resolución do 23 de decembro de 2016, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que permita unha pista de auditoría suficiente, respecto dos ingresos da axuda percibida, dos custos directos de persoal e dos gastos de publicidade, así como conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes durante un período de tres anos, que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante a Comisión Europea. Esta data publicarase oportunamente no Diario Oficial de Galicia.

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello. Así, en todo tipo de publicidade e información relativas á actuación e actividades subvencionadas terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo, e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo FSE, así como dos obxectivos dos fondos. Figurarán os emblemas, como mínimo, en todo o material e documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias.

– Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade (execución) e resultados previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos. Os datos dos indicadores de produtividade (execución) relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse ao momento inmediatamente anterior á súa participación na medida ou programa dentro do período subvencionable. Os indicadores de resultado inmediato deberán referirse á situación dentro das catro semanas seguintes á finalización da súa participación nese período. Esta información deberá facilitarse no período de xustificación da subvención consonte os modelos dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

– Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal, en concreto, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal da Secretaría Xeral da Igualdade a que se refire o artigo 23 das bases reguladoras. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos de carácter persoal, e a entidade beneficiaria da axuda será a responsable de recadar e custodiar a dita documentación.

– Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas co Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 19 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Noveno. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I
Concesións

Nº de expte.
SI427A

Solicitante

NIF

Denominación do programa

Nº de horas totais imputadas

Gasto subvencionable
(€)

Puntos

Importe da concesión
(€)

Importe da concesión/gastos de publicidade (€)

Total
concedido (€)

2017/01-0

Alar Galicia

G15775901

Proxecto Súmate

2.004

39.318,48

51

23.626,53

0,00

23.626,53

2017/02-0

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

620

12.164,40

33

6.216,39

0,00

6.216,39

2017/03-0

ONG Mestura

G15940414

Programa Neneiras

2.039

40.005,18

92

40.000,00

0,00

40.000,00

2017/04-0

Fundación Érguete Integración

G36861078

Proxecto EVA (emprego-visibilidade-autonomía)

2.000

39.240,00

67

32.679,93

0,00

32.679,93

2017/05-0

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur Galicia

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situacións de vulnerabilidade

1.166

22.876,92

43

12.495,74

874,70

13.370,44

2017/06-0

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompañamento social a mulleres en situación de exclusión social

2.580

50.619,60

47

28.965,93

0,00

28.965,93

2017/07-0

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

G32237869

Femuro concilia e emprega

2.019

39.612,78

84

38.224,58

350,00

38.574,58

2017/08-0

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home

G15258213

Programa educativo-terapéutico para inserción sociolaboral de mulleres drogodependentes

1.720

33.746,40

66

28.756,62

0,00

28.756,62

2017/09-0

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

Programa Apico 2016/2017: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero

1.720

33.746,40

53

20.996,07

1.469,72

22.465,79

2017/10-0

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes con nenos/as menores de dous anos

1.720

33.746,40

82

33.375,90

0,00

33.375,90

2017/11-0

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Coidado de min

660

12.949,20

43

8.524,65

0,00

8.524,65

2017/12-0

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Reinvéntate: programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

776

15.225,12

58

13.646,89

275,00

13.921,89

2017/13-0

Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi

G36802536

Ti podes

1.446

28.370,52

54

18.385,92

100,00

18.485,92

2017/14-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Programa de recursos integrais para mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade

2.040

40.024,80

61

28.760,07

0,00

28.760,07

2017/15-0

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2016/2017

774

15.185,88

67

15.185,88

1.000,00

16.185,88

2017/16-0

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Actívate

999

19.600,38

51

13.767,48

0,00

13.767,48

2017/17-0

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

1.720

33.746,40

68

28.912,20

0,00

28.912,20

2017/18-0

Asociación para a Prevención e a Educación Social-APES

G32383549

Ser muller.es

220

4.316,40

47

4.316,40

0,00

4.316,40

2017/19-0

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Punto Delas

4.090

80.245,80

64

40.000,00

0,00

40.000,00

2017/20-0

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

Nosoutras tamén, afectividades e sexualidade para mulleres coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual

385:30

7.563,51

33

4.836,12

0,00

4.836,12

2017/21-0

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

2.685

52.679,70

86

40.000,00

0,00

40.000,00

2017/22-0

Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade con enfermidade mental

1.720

33.746,40

70

29.067,78

0,00

29.067,78

2017/23-0

Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

PIMD rural

1.906

37.395,72

87

37.395,72

2.604,28

40.000,00

2017/25-0

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por elas

1.160

22.759,20

54

15.580,26

152,77

15.733,03

2017/26-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

Ti podes

960

18.835,20

69

18.552,15

0,00

18.552,15

2017/27-0

Asociación Viraventos

G70136429

ASI. Acompañamento social integral a mulleres de orixe inmigrante en situación ou risco de exclusión social

860

16.873,20

55

14.402,37

0,00

14.402,37

2017/28-0

Aliad-Ultreia

G27021120

Programa aliadas

1.348

26.447,76

69

23.880,94

0,00

23.880,94

2017/29-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.710

33.550,20

56

24.486,36

0,00

24.486,36

2017/30-0

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da síndrome de Down e discapacidade intelectual

860

16.873,20

72

16.873,20

0,00

16.873,20

2017/31-0

ONG Ecos do Sur

G15354483

Programa apoio a nais V

2.037

39.965,94

71

33.499,25

0,00

33.499,25

2017/32-0

Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama-Adicam

G36380301

Programa de empoderamento destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade

917

17.991,54

39

10.230,43

0,00

10.230,43

2017/33-0

Fundación Ronsel

G15752660

Xerentas

645

12.654,90

35

7.784,61

0,00

7.784,61

2017/34-0

Asociación Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

408

8.004,96

53

8.004,96

0,00

8.004,96

2017/35-0

Asociación Xarela Formación Animación

G32261307

Valor-es

860

16.873,20

67

16.855,67

17,63

16.873,30

2017/36-0

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

G32362279

Servizo de apoio ás mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.050

20.601,00

67

19.632,63

0,00

19.632,63

2017/37-0

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención a mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

795

15.597,90

65

15.597,90

0,00

15.597,90

2017/38-0

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela

G27441153

PRIAPE para mulleres en situación de vulnerabilidade. Muller: o teu futuro, a túa liberdade

2.077

40.750,74

75

38.434,84

0,00

38.434,84

2017/39-0

Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia-Feafes Galicia

G15545353

Atención integral a mulleres con enfermidade mental en situación de vulnerabilidade

2.038

39.985,56

69

33.357,40

0,00

33.357,40

2017/40-0

Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

Programa de intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres privadas de liberdade-programa Mírate

1.188

23.308,56

77

23.308,56

0,00

23.308,56

2017/41-0

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo II

1.720

33.746,40

58

24.759,66

0,00

24.759,66

2017/42-0

Asociación E-Deidades para a Integración Social e Laboral da Muller

G27431873

E-Deidades busca de emprego II 2017

560

10.987,20

48

9.227,52

645,93

9.873,45

2017/43-0

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres das comarcas de Muros-Noia e Barbanza

860

16.873,20

66

16.780,38

92,82

16.873,20

2017/44-0

Asociación Xuvenil Integrados

G15973357

Programa de servizo de formación e integración para mozas con discapacidade intelectual

908

17.814,96

40

10.237,58

716,63

10.954,21

2017/45-0

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Proxecto nais e fill@s

2.009

39.416,58

68

32.881,33

583,00

33.464,33

2017/46-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UXT Galicia

G15383011

Servizo de atención a mulleres (SAM)

1.411:12

27.687,74

42

14.342,28

0,00

14.342,28

2017/47-0

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas nas áreas de actuación de Vigo e Santiago de Compostela

656

12.870,72

55

12.000,88

0,00

12.000,88

2017/48-0

Acadar. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Programa re_activa. Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade

2.037:30

39.975,75

83

38.437,17

0,00

38.437,17

2017/49-0

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Proxecto nais e fill@s 2017

770

15.107,40

68

15.107,40

599,60

15.707,00

2017/50-0

Asociación Educando en Familia

G27437581

Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en situación de especial vulnerabilidade

1.106

21.699,72

61

17.765,02

375,00

18.140,02

2017/51-0

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Programa de fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down da provincia de Lugo

1.505

29.528,10

66

25.803,81

0,00

25.803,81

2017/52-0

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Programa de atención integral a mulleres con enfermidade mental e mulleres –coidadoras ou familiares– no contorno da enfermidade mental en situación de vulnerabilidade

1.820

35.708,40

64

26.403,60

1.071,25

27.474,85

2017/53-0

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Programa de mellora da inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais

440

8.632,80

42

6.720,30

470,42

7.190,72

2017/54-0

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

Oigo. Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural

680

13.341,60

46

10.249,14

0,00

10.249,14

2017/55-0

Acción Laboral

V09409749

Acada a cima

1.640

32.176,80

58

23.817,90

1.667,25

25.485,15

2017/56-0

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.118

21.935,16

67

20.566,54

0,00

20.566,54

2017/57-0

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Programa Senectus II

600

11.772,00

28

5.709,72

0,00

5.709,72

2017/58-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o futuro

645

12.654,90

50

10.216,95

0,00

10.216,95

2017/59-0

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais II

560

10.987,20

56

10.948,56

0,00

10.948,56

2017/60-0

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller II

1.952

38.298,24

55

27.257,39

400,00

27.657,39

2017/61-0

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres discapacidade e prevención de maltrato

1.720

33.746,40

52

20.918,28

1.000,00

21.918,28

2017/63-0

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre, intra e post-penitenciaria e familiares afectados pola situación de internamento

2.224

43.634,88

73

36.223,09

0,00

36.223,09

2017/64-0

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

4.042

79.304,04

61

40.000,00

0,00

40.000,00

2017/65-0

Fundación Mujeres

G80974702

Programa para o emprego e emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade

812

15.931,44

31

7.190,92

0,00

7.190,92

2017/66-0

Asociación Diversidades

G27783950

Am Drepturi

1.410

27.664,20

54

18.032,76

1.092,00

19.124,76

2017/71-0

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Mediación en mobilidade humana para mulleres internas ou externas na casa de acollida Patronato Concepción Arenal

1.720

33.746,40

55

24.526,29

1.716,84

26.243,13

2017/72-0

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

960

18.835,20

46

12.995,94

909,72

13.905,66

2017/73-0

Asociación Síndrome de Down Coruña

G15731466

Espazos de escoita

270

5.297,40

33

4.156,29

0,00

4.156,29

2017/77-0

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

Programa Daleth 2016/2017 de apoio ás vítimas de violencia de xénero e outros colectivos de mulleres vulnerables

645

12.654,90

46

9.905,79

0,00

9.905,79

ANEXO II
Solicitudes denegadas e desistidas

Nº de expte.

SI427A

Solicitante

NIF

Programa

Causa de inadmisión/denegación

2017/24-0

Asociación Menthor

G94151602

Atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade pertencentes a varios colectivos

Puntos 1.a) e 2 do artigo 4 das bases reguladoras: o cumprimento do requisito de estar inscrita na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais é posterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

2017/62-0

Federación EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non consta a inscrición da entidade na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

2017/67-0

Peca-s Asociación para la Prevención y Estudio de Conductas Adictivas

G32470270

Peca-s orienta

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non consta a inscrición da entidade na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

2017/68-0

Federación Alzheimer Galicia

G15656739

Obradoiros acerca da igualdade «coidadores»

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

2017/69-0

Institución Benéfico-Social Padre Rubinos

G15074743

Programa de inserción sociolaboral para mulleres sen fogar

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

2017/70-0

Radio Ecca Fundación Canaria

G35103431

Sempre é tempo de formarse: encamiñado á mellora da formación e a orientación laboral das mulleres en risco de exclusión

Artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: incumprimento da obriga de relacionarse coas administracións públicas a través de medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo; artigo 7.2, parágrafo quinto, das bases reguladoras: o trámite de emenda de documentación non se realizou electronicamente

2017/74-0

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Programa de información e orientación para persoas en situación de especial vulnerabilidade

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

2017/75-0

Valoresc

G70377585

Galicia muller

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non consta a inscrición da entidade na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

2017/76-0

Fundación Venancio Salcines

G70480231

Woman 360 emploiment program

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non consta a inscrición da entidade na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

2017/78-0

Asociación de Axuda á Integración Social Contigo

G27482280

Rapazas

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido